
ECOPLAS BARBANZA S.L., empresa transformadora de plásticos que nace a finais do 2005 co afán de dar servizo ó mundo da acuicultura e miticultura.
Ecoplas comeza a súa andaina coa tranformación e procesado de envases plásticos, nun primeiro momento inicianse na fabricación de mallas tubulares e sacos extruídos pero pouco a pouco foi ampliando o seu mercado e actualmente fabrica e distribúe tamén caixas de madeira, palas ecolóxicas, cestos plásticos, ...tanto a nivel nacional coma internacional.
Na actualidade encóntranse traballando coa Universidade de A Coruña e co Centro Galego do Plástico nun proxecto de I+D+I para desenvolver unha malla capaz de repeler o fouling mariño para evitar a mortandade do molusco no ambiente acuático.
Tamén está desenvolvendo novas maquinarias de pesado e envasado en colaboración coa empresa italiana Team Mare pertencente ó grupo Sorma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario